Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

TODO SOBRE O COVID-19

COVID-19 DENDE A PERSPECTIVA DE YUVAL NOAH HARARI Ao longo de toda a historia da humanidade a existencia dos virus ten estado presente. Os virus son parásitos intracelulares obrigados, que teñen forma acelular por carecer de metabolismo propio e que soamente se poden multiplicar no interior doutros organismos. Xustamente por este motivo son “obrigados”, pois cobran vida ao infectar unha célula. Desta forma, cando son denominados virións; é dicir, cando os virus se atopan fóra de células, son totalmente inertes. Por mor da súa capacidade de infección, os virus son unha arma de dobre fío, pois poden tanto matarnos como curarnos. De feito, o seu nome provén de veleno en latín, xa que actúan coma unha substancia tóxica. En canto ao seu poder sobre nós, en que momento comezou esta especie de yin e yang? Os investigadores apuntan que ao comerzarmos a crear comunidades, a formar unha sociedade. Dende este punto da historia, as pandemias son un ciclo continuo que se reiter