COVID-19 DENDE A PERSPECTIVA DE YUVAL NOAH HARARI
Ao longo de toda a historia da humanidade a existencia dos
virus ten estado presente. Os virus son parásitos intracelulares obrigados, que
teñen forma acelular por carecer de metabolismo propio e que soamente se poden
multiplicar no interior doutros organismos. Xustamente por este motivo son
“obrigados”, pois cobran vida ao infectar unha célula. Desta forma, cando son
denominados virións; é dicir, cando os virus se atopan fóra de células, son
totalmente inertes.
Por mor da súa capacidade de
infección, os virus son unha arma de dobre fío, pois poden tanto matarnos como
curarnos. De feito, o seu nome provén de veleno
en latín, xa que actúan coma unha substancia tóxica.
En canto ao seu poder sobre nós, en
que momento comezou esta especie de yin e yang? Os investigadores apuntan que
ao comerzarmos a crear comunidades, a formar unha sociedade. Dende este punto
da historia, as pandemias son un ciclo continuo que se reitera cada certo
intervalo de tempo; feito que se pode corroborar coas seguintes e ben coñecidas
enfermidades que afectaron a unha basta porcentaxe da poboación: a Peste de
Xustiniano, a Peste Negra, a Viruela, a Gripe española, a Gripe asiática, a
Gripe de Hong Kong, o Virus de Inmunodeficiencia Adquirida (VIH), e nos nosos
días o COVID-19.
O COVID-19 é unha enfermidade de tipo
infecciosa causada polo virus SARS-CoV-2. Tanto este virus como a enfermidade
que provoca eran descoñecidos ata o brote en Wuhan (China) en decembro de 2019.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou unha pandemia o 11 de marzo de
2020.
Con motivo da pandemia, numerosos
países declararon o Estado de Alarma –como por exemplo España- para así
intentar desfavorecer a propagación do virus. O certo é que esta é a pandemia
da que máis información se ten no momento de afrontala, proba disto é que
soamente se tardou dúas semanas en identificar o virus e elaborar probas de
detección.
Agora ben, que impacto ten esta
actual pandemia do COVID-19? As repostas que aventura Yuval Noah Harari son das
mellor consideradas e, por conseguinte, nas seguintes liñas seguiremos o seu
modelo. Harari é un historiador, filósofo e profesor israelí; ademais dun dos
escritores máis destacados do Século XXI.

Toda pandemia supón un punto de
inflexión na historia a nivel global. De tal forma que este punto pódenos
conducir a un intervalo de cremento, ata que chegue o seguinte punto de
inflexión; ou, pola contra, a un de decremento. O período resultante afectaría
a tódolos aspectos: saúde, economía, política e cultura.
Con todo, que
factores son os que inclinan a balanza cara os diferentes lados? Tal e como
advirte Harari, os principais conflitos que decidirán as pisadas que deixará
unha crise de tal magnitude son o enfrontamento entre a vixilancia totalitaria
e o empoderamento da cidadanía, e o que hai entre o illamento nacionalista e a
solidaridade global. Así, Harari considera que hai dous retos vitais para inclinar
a humanidade cara o ben.
O primeiro
reto é que non se mine a liberdade humana. Isto é, certos países como España
están levando a cabo medidas de vixilancia epidemiolóxica, grazas
principalmente á tecnoloxía de control biométrico. Pois ben, do que se trata é
de que estas medidas aparentemente temporais decretadas para a ocasión non
rematen nun hipercontrol da poboación, xa que poderiamos ser moi facilmente vítimas
dunha manipulación non soamente a nivel ideolóxico, senón tamén sentimental. O
problema reside na seguinte explicación de Yuval Noah Harari: “A batalla da
privacidade pode perderse, porque cando hai que elixir entre privacidade e
saúde, habitualmente se elixe a saúde”. En consecuencia, propón dúas posibles
solucións. A primeira, a cambio de eliminar o control das autoridades sobre
todos nós, consiste en fortalecer á cidadanía mediante a información, a
confianza na ciencia e o fomento da responsabilidade individual. A segunda, en
caso de que o control sexa excesivo, baséase en que “se un goberno está tan
ansioso por ter máis vixilancia, a vixilancia debe ir en ambos sentidos”; de
tal forma que se puidese controlar accións tales como a onde se destinan os
nosos impostos ou que se soubese claramente o que fan coa información
recolectada.
O segundo
reto é formar unha rede de cooperación mundial, para así afrontar a crise dunha
forma coordinada e cooperativa; posto que “ou se supera mundialmente ou non se
supera”. Concretamente, esta crise afectará a longo prazo aos países máis
débiles, pois “se pensamos nos países pobres ou en vías de desenvolvemento (…),
moitos poderían colapsar totalmente económica y politicamente”. Polo tanto, o
noso deber para con eles e crear un “plan global” no que se planifique de forma
conxunta a diminución da propogación do virus e no que se distribúan os
productos necesarios a nivel global segundo as necesidades de cada país.
Así pois, en
caso de escoller o empoderamento e a colaboración, a sociedade saería desta
pandemia máis comprometida e responsable evitando un futuro tenso e impredicible.
Asimesmo, as relacións internacionais perdurarían en vez de envelenarse e
poderíamos aprender a “enfrentar de maneira máis efectiva outros problemas
globais, como o cambio climático”.
Para rematar,
que podemos facer para mellorar a resposta a outra posible pandemia? Aumentar a
nosa confianza na ciencia para así actuar en base a ela. Asimesmo, é vital
ensaiar a nivel dixital o impacto dunha pandemia e a nivel físico a capacidade
dos hospitais, tanto de persoal coma de equipamento, para recibir unha oleada
masiva de casos. Outro aspecto a mellorar é o de superpoñer as evidentes
necesidades científicas a intereses
económicos ou políticos, debido a que por estes as altas esferas defenden en
moitas ocasións ata os nosos peores inimigos. Desta forma, seremos capaces de
superar diferentes tipos de crise, e neste caso, fundamentalmente unha crise sanitaria.
“A
mellor defensa contra os patóxenos é a información”
Yuval Noah Harari
Comentarios
Publicar un comentario