Ir al contenido principal

POLIO




A POLIOMELITE





Que é a poliomelite (polio)?

Enfermidade viral que pode afectar á médula espiñal causando debilidade muscular e ata parálise.
O virus da polio entra no organismo a través da boca, xeralmente cando as mans están contaminadas coas heces dunha persoa infectada.
                                                         





Pois ben, é certo que moitas ONX`s e asociacións están traballando e recaudando diñeiro co obxectivo de erradicar a polio, non obstante, eu vouna tratar principalmente dende o coñecemento que me aportou o programa: "Inside Bill's Brain- Decoding Bill Gates". Este é un programa que conta a historia que agocha Bill e as súas solucións dadas para algún dos máis complexos problemas que sofre a nosa sociedade- ou, máis ben, que sofre unha parte da sociedade- .








Tras 10 anos invertidos e billóns de dólares gastados, Bill deuse conta de que erradicar a polio, o terror e máis o sufrimento ía ser máis complicado do que pensara.
Isto é así xa que, a diferenza dos países desenvolvidos, estes pobres países levan consigo o lastre dun pobre saneamento, e á vez de optimización dos recursos.
Para o maior auxe do fracaso dos tratamentos de prevención, no 2008 chegou a noticia de que se triplicaran os casos de polio, tendo este aumento lugar principalmente en Nixeria, África.
Punto de inflexión, que facer? Aportar á causa o doble de diñeiro? Serían 200 millóns de dólares. Para sorpresa, Bill puxo sobre a mesa e sen arrepentimento ningún a atónita cantidade de 400 millóns.

Agora ben, a que se debía o incremento de persoas afectadas? A líderes relixiosos, que viñeran pregonando rumores de que as vacinas eran un invento, unha excusa que crearan as nacións occidentais para esterilizar aos nenos. Dise incluso que estes relixiosos chamaban despectivamente aos que apoiaban ás vacinas co nome de "hitlers modernos".








En definitiva, Bill ademáis de aportar os cartos, foi a discutir cos líderes e a explicarlles a realidade, a que estes aceptaron e entenderon.

...Continuaba a polio.

Reparouse en que o problema podía ser unha falta de marcos por onde os voluntarios debían ir; polo que no ano 1945 debuxouse por primeira vez á man un mapa. Aínda así, isto non foi suficiente, polo que comezouse a facer uso de imaxes satelitais de alta resolución, algoritmos e un aumento do equipo de Bill; así creáronse os tan necesarios mapas detallados.




A situación mellorara, mais… en contra do idealizado, non remitía. A xente que vivía nas aforas dos diferentes distritos estaba sendo olvidada, xa que o voluntario deste pensaba que a zona estaba xa sendo atendida por outro; en consecuencia, os vacinadores foron axudados na súa misión cuns micro plans máis detallados.


Tempo despois, emanou unha gran cuestión, como se podía utilizar o análise cuantitativo para entender como pasar da existencia de poucos casos de polio ata a súa inexistencia? Coa resposta e cos conseguintes métodos establecidos, no ano 2010 a erradicación estaba moi cerca, só se detectaron 21 casos de polio; e en India, acadouse a inexistencia da polio, contradicindo a unha gran cantidade de xente que condiderou este feito imposible dados os billóns de persoas que habitaban o país.

Con respecto a Nixeria, no 2010 cincuenta militantes armados asaltaron a prisión de Bawhi, no norte de Nixeria, e liberaron a 150 membros da organización terrorista, Boko Haram.
Unha nova ola de terrorismo arrasou Nixeria.
Isto ademais de ocasionar violentos actos a nivel nacional, supuxo un aumento da polio; posto que estes militantes esperaban aos vacinadores (símbolo de progreso e de occidente) en puntos de control para asasinalos.






Nos países de Afganistán e de Pakistán, os talibáns ameazaron o esforzo do grupo de Bill e o dos propios habitantes do país. Porén, en canto a xente o adverteu do que estaba a acontecer, este volou a Abu Dabi para facer un gran anuncio, "o plan estratéxico final", que se desenvolvería ao longo de 6 anos coa axuda de seis mil millóns de dólares.

Así foi como o ano pasado, 2018; o números de casos de polio tasados baixou a 33; aínda así, Bill e demais asociacións non teñen  intención de renderse, sen importar o coste.



En conclusión, a poliomelite é una enfermidade grave que pode ser tratada grazas a diversos avances científicos, como a vacina e a satelitización. Non obstante, non é difícil observar que o seu intento de resolución sufríu numerosas trabas, por exemplo a relixión e o terrorismo; poderíase chamar a isto un conflicto de ideoloxías, de formas de concibir a vida, e incluso pode que de entender a Filosofía; a Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía.
A pesares destas confrontacións, numerosas entidades buscan erradicar a poliomelite por completo; considerada a anterior afirmación coma utopía ás veces debido aos obstáculos que presenta tentar acadalo. Pola contra, debemos manter firmes os nosos propósitos para liberar así á humanidade -como aos nenos de Nixeria ou mesmo á coñecida Frida Kahlo- de todo mal que se poida prever.




"Se queres salvar ao teu fillo da polio podes rezar ou podes vacunalo… Aplica a ciencia"
- Carl Sagan


----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por mor de ter nombrado a dúas persoas moi recoñecidas e admiradas pola nosa sociedade; penso que o propio é indicar ,polo menos a grandes rasgos, quen foron, fixeron e supuxeron. Así que, aí van, Frida Kahlo e Carl Sagan!





Na próxima entrada, a parte de introducir un tema ata agora non nomeado…-que será!-Explicarei a razón do engadir este tipo de vídeos "anexos". 
Ansiosos por ler a seguinte entrada? 








Comentarios

  1. Estupendo blogue. As cuestións que ata agora presentaches son de grande interese na actualidade. Os teus comentarios son amplos, moi oportunos e certamente interesantes (salvo nesta entrada...). Ánimo e a seguir desvelando os problemas da evolución biotecnolóxica!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

EVOLUCIÓN?

EVOLUCIÓN?

GHUSTACHE A TORTILLA DE PATACAS? (III)

As liñas seguintes constitúen a simple vista un diálogo entre tres amigos nun bar. Porén, podédelo considerar coma unha chispa que inicie a vosa propia reflexión sobre a temática destas últimas entradas, a ética na alimentación ligada ao veganismo. Cómpre avisar de antemán que as posturas de cada personaxe están levadas ao extremo para resaltar, sen ningunha dúbida, a distintas ideoloxías. Xoán, representado coa letra en negriña, pódese calificar dende varias perspectivas. Dende a globalizada, ten un pensamento totalmente común; pola contra, a oposición é posible que o designara de forma radical como "carnívoro". Elvira, representada coa letra estándar, é unha clara defensora do veganismo como elección ética na alimentación. Marta, representada coa letra en cursiva, poderíase encadrar como intermediaria dos férreos extremos. Agora si, xa vos deixo ler e, así, espero que cismar; ao que creo que vos axudarán algunhas grandes figuras da nosa histo