As liñas seguintes constitúen a simple vista un diálogo entre tres amigos nun bar. Porén, podédelo considerar coma unha chispa que inicie a vosa propia reflexión sobre a temática destas últimas entradas, a ética na alimentación ligada ao veganismo.
Cómpre avisar de antemán que as posturas de cada personaxe están levadas ao extremo para resaltar, sen ningunha dúbida, a distintas ideoloxías.
Xoán, representado coa letra en negriña, pódese calificar dende varias perspectivas. Dende a globalizada, ten un pensamento totalmente común; pola contra, a oposición é posible que o designara de forma radical como "carnívoro".
Elvira, representada coa letra estándar, é unha clara defensora do veganismo como elección ética na alimentación.
Agora si, xa vos deixo ler e, así, espero que cismar; ao que creo que vos axudarán algunhas grandes figuras da nosa historia.
- Que boa está a tortilla de patacas… En serio rapazas, como a estou desfrutando!
- Anda cala Xoán, cala; xa sabes que eu te respeto aínda que non te entenda, pero de verdade… Hai un límite.
-
E logo, que pasou Elvira? Non das soportado que coma este manxar diante túa? Ai
claro, xa sei… o kiwi acedou, non?
- Está ben máis rico que ese
anaco, consecuencia e proba de asasinato, do cal ti eres cómplice.
-
Vaia, perdoa. Xa calo, degustareino en silencio…
- Mellor.
- Pois eu amigos, non sei se preguntarlle ao camareiro se os ovos son da
casa ou veñen de industria, e que ten moi boa pinta!
- A gula.
-
Pídea muller, que vai pasar? Nada. É un anaquiño.
- Anaquiño a anaquiño…
-
A ver, e que vós xa sabedes o que opino eu. Eu como de todo mentres saiba que
non foi maltratado.
- Aínda pensarás que es un anxo.
Ai, eu non os maltrato, pero matalos, matalos por que non?
-
Alimentarse, nutrirse; o de toda a vida, non sabes?
- E logo que pensas, que un
vegano non se nutre? Eu sigo comendo, que se non non estaría a falar contigo. Simplemente
comemos mantendo unha harmonía co resto dos animais.
-
Ti sabes o que é unha cadea trófica? Charles Sutherland Elton? Os animais
comémonos os uns aos outros; o que pasa é que nós estamos ao final desa cadea.
CHARLES SUTHERLAND ELTON
- Non tódolos animais, e os
que o fan, fano dunha maneira limpa, pura. E nós, seres distinguibles polo uso
da nosa razón, coma ben di un dos principios base do logos, non podemos elixir?
Ademais de que non é soamente matar a sangue fría, senón toda a vida que levan,
se a iso se lle pode chamar vida. Quitámoslles a súa liberdade ata un punto tan
escabroso, que moi pouca xente chega. Prefiren non saber.
Vouvos contar un exemplo de
centos, xa que hai un para cada animal; pero se cadra este é o que máis mamamos
día a día, nunca mellor dito. Ás vacas insemínanas articialmente ou viólanas
para que teñan una cría e así, roubarlle a súa leite, ou máis ben, a que a súa cría
necesita, para que nós a bebamos. Nós, que xa temos o leite que necesitamos
da nosa propia nai. Por que seguimos tomando leite, allea, cando a nosa bioloxía
considera que xa é suficiente e polo tanto, deixa de proporcionánola? A cría é
roubada ás horas de nacer. Se é femia, terá a mesma “sorte” que a súa nai e se
é macho, levarano directo ao matadeiro. Prefeririades nacer femia ou macho?
-
Eu non sei para que miras estas cousas Elvira; reláxate e déixate deses
monólogos teus.
- Quizais porque non quero
vivir sumida na ignorancia e na indiferenza. Busco cambios, todo podería cambiar.
Atende ao que di Sócrates, hai que buscar a verdade do que un debe
facer, téndoo así como norma para a conduta.
SÓCRATES
-
Xustamente polo que estás a dicir eu soamente como cousas da casa ou produtos
que saiba con certeza que viviron en boas condicións. Do resto… necesitamos
tódolos nutrientes.
-
Aínda así defensoras,
recordade que no Xénese 1,29 aparece escrito que todo o que se mova ou viva terá
como función o noso mantemento, menos os seres racionais coma nós, claro.
PROFETA MOISÉS
- Anda, non che estou eu
agora como para que co gallo disto me empeces a falar da relixión tamén, eh!
- Xa, é por iso non…?
-
Non empecedes xa…
- Non, agora xa está, de
feito Marta, o teu can Paco, facémolo hoxe para cear?
-
Que dis!
-
Estás tola, que dis de comer un can?
- Por que un can non pero
un porco si? Ademais, non era que tiñan a mesma función?
-
Home, non me compares un can cun porco.
-
Non son a mesma cousa.
- É verdade, o porco é máis
intelixente; ten o coeficiente intelectual dun neno de 3 anos, pero que é iso,
non? Neste país un pide a outras culturas que non coman cans e é un exemplo
para os dereitos dos animais; porén, a min chámanme extremista. Cando aprenderá
a sociedade a pensar coma Gandhi, que un individuo, unha nación, se mide pola
compasión que ten polos animais, por todos. Somos uns monstros.
MAHATMA GHANDI
-
Anda, pero ao meu Paquiño… Ten sentimentos. E eu entender, enténdoo.
- Chora, ten medo cando veñen outros cans máis grandes ca el, e ata ás
veces parece que ri incluso, eu téñoo visto. E a ver, o de monstros xa foi un
pouco desfase, que queres que che diga.
- E non terán medo os
animais sabendo o que lles depara? Téñenos nunha fila onde poden ver o que pasa
diante súa, e tamén o que chega ata eles… sangue. Xa sen importar se quera que
un animal sexa capaz de razoar, é capaz de sufrir; e xustamente por iso,
deberiamolos considerar o noso próximo, tal e como advirte Albert Schweitzer.
ALBERT SCHWEITZER
-
Segue sen ser o mesmo.
- Sabedes o por que? A vós o
que vos gusta son as mascotas, o dominio, non os animais. Pensádeo.
-
Bo, pero e os nutrientes que?
-
Fannos falta para o noso organismo.
-
Ti cres que o que fas é san? O corpo necesita unha dieta equilibrada, non pode carecer
de nada, iso provocaría o seu mal funcionamento. E non falo de palabra Elvira,
hai estudios que o corroboran e ti ben o sabes. Tanto te preocupas polos
animais e mírate a ti.
- Existen suplementos
alimenticios que os poden substituír
perfectamente.
-
Non é natural, está moi procesado.
- Arre demo! E non están
procesados todos eses animais? Un exemplo é ese chouriciño que estás a comer coa
tortilla.
- E ben rico que está; e é mellor que todas estas cousas raras que
facedes para que aparenten ser queixo, carne,... De todo, xa o sabes.
- Pero escoita, o meu polo
menos non necesita ser nutrido con comida, esa que se lle podería dar a moita
xente con fame.
-
E os espazos de cultivo que? Destrúen os
hábitats, e polo tanto, á biosfera.
- Non tanto como a gandaría.
E xa non falemos dos residuos que esta xera…
-
O que pasa é que vivimos nunha época na que todo está moi industrializado.
-
Escoita, algo que non me gusta a min nada
do rollo que vos traedes é que despois saídes a comer fóra por algures e non
comedes nada ou xa non ides porque non hai nada que vos sirva.
-
Ahí, ahí. Eu non o son porque senón me sentiría desprazada moitas veces, non
sei.
- O que non sabes é ter unha
personalidade. Eu se non o quero fomentar ou apoiar non o como.
-
Elvira, os humanos somos seres sociais; relacionámonos, é una característica
vital e innata, tal e como corrobora Aristóteles.
ARISTÓTELES
- Xa o sei, pero terá que
haber un límite. Claro que estamos influenciados por moitos factores como a
nosa cultura e historia; agora ben, dende ahí somos seres individuais, con
capacidade de decisión. Unha capacidade á que chegan as mentes máis profundas
de tódolos tempos, sentindo compaixón polos animais; tal e como apunta
Nietzsche.
FRIEDICH NIETZSCHE
-
Non é tan fácil, un busca fitar.
-
Certo.
- Escoitade, vouvos dicir
algo co que a miña nai me leva taladrado 17 anos, pero con moita razón. Se
tódolos vosos amigos se tiran pola ponte embaixo, vós tamén?
- Xa volves con parvadas.
- Eu soamente digo que a min polo menos me resultaría moi difícil.
- Se é duro para ti,
imaxínate como será para eles que non o sexas. Un mundo sembrando a dor e a
morte, non colleitará nin alegría, nin paz, nin amor para nós se seguimos a
tratar así aos nosos irmáns os animais. Observade, esta é conclusión de
Pitágoras; que ao parecer tamén debía seguir a tendencia e moda de defender aos
animais, como se nos di agora a nós, non?
PITÁGORAS
- Home non sei, pero eu quero ser feliz.
- Non estás tendo en conta que a comida é un dos factores que máis moldea
o estado de ánimo dunha persoa.
- Como unha droga máis.
Ídesvos deixar controlar por ela?
-
Se me fai feliz… A nosa tendencia vital, a nosa razón, está dominada e é
escrava das paixóns, así coma di Hume.
DAVID HUME
- Ademais, se non sufren ata o final… Ai non sei, e que tamén me dan pena.
- A sociedade cada día ten
menos empatía.
-
Que son animais… E ademais, leva sendo así moito tempo.
- Seres vivos, que teñen un
sistema nervioso e sensorial coma nós. E por certo, o pasado sepáranos do
futuro, do progreso. Os animais deberían posuír uns dereitos mínimos, polo
menos o de non ser asasinados, maltratados. Se todos pensásemos e defendésemos
aos animais como os referentes Singer e Regan o mundo non estaría así.
TOM REGAN PETER SINGER
TOM REGAN PETER SINGER
-
É cultura.
- Sabes porque te escudas
nesa idea?
-
Veña, sorpréndeme, que de ti me espero calquera cousa.
- Pois porque cuestionar as
nosas crenzas máis arraigadas require de moita coraxe e o máis duro, como
denota Fischman, é aceptar que puidemos estar equivocados toda a vida.
DAVID FISCHMAN
-
E ti cuestionas? Sempre afirmades ter a verdade absoluta, a cura de tódolos
males,…
- Es un terco.
-
E ti unha mexericas.
-
Volos dous endexamais estaredes dacordo, sempre igual.
- E ti nin fu nin fa.
-
Xa…
-
Entón que Marta, ti ao final vas pedir o pincho de tortilla?
E ti, pedirías o pincho de tortilla?
Moi bo artigo.
ResponderEliminar