EVOLUCIÓN?
A evolución
é un feito verídico, todos sabemos que existe, formando parte da historia.
Agora ben, a pesares de estudarse historia do modo máis obxectivo posíbel, é
incuestionable que cada un, aínda gardándoos ben dentro de sí, ten opinións e
pensamentos propios.
O que
pretendo con este blog é desentrañar as raíces máis fondas que promoven a
devandita evolución. Tentarei analizala dun modo meramente universal e
coherente á hora de explicar datos inamovibeis; mais, isto non podería ser
denominado "blog" sen a aparición de tintes persoais. Polo que, ante
calquer sentimento de desconformidade, a vós, lectores, anímovos a compartir o
voso punto de vista, o cal será ben recibido e agradecido; este blog, ou
intento de selo, non é dogmático, está plenamente aberto.
O concepto
de apertura, porén, non se presenta habitualmente ligado á evolución. Esta
afirmación susténtase na pura realidade, pois, en xeral, a idea de evolución
transmítenos, ou fainos sentir, unha sensación dinámica boa; fronte ao que
sería o estancamento, negativo.
No en tanto, como veremos, (demostraremos)
este progreso xera fundamentadas controversias, debido a que, ás veces, este
suposto avance é ,en realidade, unha comodidade enganosa preferible, outras
provoca desacordos de tipo ético,...A evolución lévase a cabo, en gran medida,
grazas a axudas económicas; en concordancia, a economía move á evolución. Polo
tanto, a evolución é tan verídica coma diciamos antes? Ou mellor dito, unha
"evolución" sen sentido racional de progreso, éo?
Ao longo do
ano que terei o blog activo, irei analizando, e por conseguinte, subindo novos
temas, casos concretos. Aléntovos a querer saber, coñecer, entender,...como
modo de vida
Anímovos a ver ao noso mundo!Si, "noso", ao mundo que nós temos transformado, do que nós somos responsables. Somos responsables? A ver que deducides do vídeo...
Comentarios
Publicar un comentario