COVID-19 DENDE A PERSPECTIVA DE YUVAL NOAH HARARI Ao longo de toda a historia da humanidade a existencia dos virus ten estado presente. Os virus son parásitos intracelulares obrigados, que teñen forma acelular por carecer de metabolismo propio e que soamente se poden multiplicar no interior doutros organismos. Xustamente por este motivo son “obrigados”, pois cobran vida ao infectar unha célula. Desta forma, cando son denominados virións; é dicir, cando os virus se atopan fóra de células, son totalmente inertes. Por mor da súa capacidade de infección, os virus son unha arma de dobre fío, pois poden tanto matarnos como curarnos. De feito, o seu nome provén de veleno en latín, xa que actúan coma unha substancia tóxica. En canto ao seu poder sobre nós, en que momento comezou esta especie de yin e yang? Os investigadores apuntan que ao comerzarmos a crear comunidades, a formar unha sociedade. Dende este punto da historia, as pandemias son un ciclo continuo que se reiter...
As liñas seguintes constitúen a simple vista un diálogo entre tres amigos nun bar. Porén, podédelo considerar coma unha chispa que inicie a vosa propia reflexión sobre a temática destas últimas entradas, a ética na alimentación ligada ao veganismo. Cómpre avisar de antemán que as posturas de cada personaxe están levadas ao extremo para resaltar, sen ningunha dúbida, a distintas ideoloxías. Xoán, representado coa letra en negriña, pódese calificar dende varias perspectivas. Dende a globalizada, ten un pensamento totalmente común; pola contra, a oposición é posible que o designara de forma radical como "carnívoro". Elvira, representada coa letra estándar, é unha clara defensora do veganismo como elección ética na alimentación. Marta, representada coa letra en cursiva, poderíase encadrar como intermediaria dos férreos extremos. Agora si, xa vos deixo ler e, así, espero que cismar; ao que creo que vos axudarán algunhas grandes figuras da nosa histo...