Ir al contenido principal

ATOPA AS "SETE" DIFERENCIAS (II)







Atopáchelas? A verdade é que son complexas de desentrañar, sobretodo contando cun entrenamento tan floxo cos que poñen os xornais no apartado dos pasatempos. Porén, se un se esforza, verase o fruto.

Pois ben, una vez atopadas as "sete" diferencias agora vén un requisito máis. Que se busca ilustrar con estes dous opostos...?


A INDUSTRALIZACIÓN DA NOSA SOCIEDADE!

Exacto, é xustamente este tema no que se vai centrar a entrada que estades a ler; en concreto, relacionado co in crescendo do veganismo nos últimos anos.
 (NOTA: cabe destacar a súa brevidade; posto que estamos nun blog e non é posíbel permitirse o luxo dun ensaio)
Polo tanto, comecemos...



O AUXE DO VEGANISMO A PARTIR DA INDUSTRIALIZACIÓN

A 2ª Revolución Agrícola foi unha profunda transformación que sufriron diversos sectores, coma son a agricultura a a gandaría; dende o Século XVIII ata o XIX en Europa, principalmente en Gran Bretaña. Esta transformación permitiu producir suficientes alimentos para toda a poboación, incluso con excedentes de produción, os cales contribuíron ao surximento e consolidación da comercialización interna e externa.

O avance das tecnoloxías e maquinarias agrícolas, sumado a diversas leis que permitían a un apropiarse dun terreo e cercalo para cultivar, provocaron o aumento da produción e da gandaría en casi un 90% (economía esencialmente agrícola). Como consecuencia, as poboacións comenzaron a estenderse cara o campo, creando novas cidades e xerando comercio interno, coma xa se dixo.

Por se alguén quere coñecer un pouco máis a cerca deste novo sistema:








Esta foi una transformación tan real coma necesaria; mais esta trouxo consigo consecuencias non tan positivas como as ata agora presentadas. Unha delas relaciónase co tema en cuestión, a explotación do gando.

Si, é certo que xa se mataban animais dende o Paleolítico, mais fronte ao que se cre, era un suplemento ocasional na súa dieta. Asemade, os animais vivían libres, polo menos soamente sufrían no momento de seren cazados, matados; feito totalmente oposto ao que estamos a vivir hoxe en día. Recordemos as "sete" diferencias.


Con respecto ao veganismo, é ben sabido que este estase a espandir na nosa sociedade dunha forma tremendamente veloz.

Mais, que é exactamente o veganismo? O veganismo é unha alternativa alimenticia que, coma acabamos de dicir, vai crecendo segundo pasa o tempo. Cunha proposta inicialmente ética a considerar, a presente forma de alimentación propón evitar o consumo de carne, pescado, lácteos, ovos y mel, entre outros tantos produtos derivados de animais.
Asemade, a utilización de peles y coiros de orixe animal tamén está restrixida por personas que se consideran veganas.

Cal é a súa orixe?
Resultado de imagen de donald watson"



Dende a Antigüidade existiron personas que renunciaban ao consumo de produtos de orixe animal, mais o termo "veganismo" é moderno: foi acuñado en 1944 por Donald Watson co obxectivo -principalmete ético- de diferencialo do vexetarianismo, o cal rexeita o consumo de carne pero acepta o consumo de outros produtos de orixe animal, como o leite, os ovos e o queixo.​ Na actualidade, o veganismo é un estilo de vida minoritario, pero de rápido crecemento.







Agora ben, a que se debe o crecemento exponencial desta ideoloxía?
En canto a min, opino que este pode vir orixinado polas "7 diferencias", e mais pola nosa evolución en canto ás relacións afectivas e simpatizantes. 
Ademais do cambio de economía e da concepción consumistada nosa sociedade. Hoxe en día, no primeiro mundo, é posible nunha gran parte de familias elixir o que queren comer, non están suxeitos a limitacións económicas ou de illamento territorial, por exemplo.
Porén, os motivos polos que a xente argumenta seguir esta ideoloxía son cada vez máis. Algúns son: de tipo ético, por beneficio ambiental, por crenzas relixiosas ou espirituais, por beneficios económicos e ou por beneficios da saúde.




Xa para rematar, deíxovos un vídeo con algunhas das citas e definicións do termo "vegano",
que nos deixou o mesmo Donald Watson!



A pesar de seren as aportacións do propio Donald Watson máis que suficientes para o invite á reflexión; haberá unha terceira entrada relacionada con este tema, e en especial co argumento ético-moral.


Prometo subilo pronto queridos lectores!






Comentarios

Entradas populares de este blog

EVOLUCIÓN?

EVOLUCIÓN?

POLIO

A POLIOMELITE Que é a poliomelite (polio)? Enfermidade viral que pode afectar á médula espiñal causando debilidade muscular e ata parálise. O virus da polio entra no organismo a través da boca, xeralmente cando as mans están contaminadas coas heces dunha persoa infectada.                                                           Pois ben, é certo que moitas ONX`s e asociacións están traballando e recaudando diñeiro co obxectivo de erradicar a polio, non obstante, eu vouna tratar principalmente dende o coñecemento que me aportou o programa: "Inside Bill's Brain- Decoding Bill Gates". Este é un programa que conta a historia que agocha Bill e as súas solucións dadas para algún dos máis complexos problemas que sofre a nosa sociedade- ou, máis ben, que sofre unha parte da sociedade- . Tras 10 anos ...

GHUSTACHE A TORTILLA DE PATACAS? (III)

As liñas seguintes constitúen a simple vista un diálogo entre tres amigos nun bar. Porén, podédelo considerar coma unha chispa que inicie a vosa propia reflexión sobre a temática destas últimas entradas, a ética na alimentación ligada ao veganismo. Cómpre avisar de antemán que as posturas de cada personaxe están levadas ao extremo para resaltar, sen ningunha dúbida, a distintas ideoloxías. Xoán, representado coa letra en negriña, pódese calificar dende varias perspectivas. Dende a globalizada, ten un pensamento totalmente común; pola contra, a oposición é posible que o designara de forma radical como "carnívoro". Elvira, representada coa letra estándar, é unha clara defensora do veganismo como elección ética na alimentación. Marta, representada coa letra en cursiva, poderíase encadrar como intermediaria dos férreos extremos. Agora si, xa vos deixo ler e, así, espero que cismar; ao que creo que vos axudarán algunhas grandes figuras da nosa histo...