Sí, leron ben. Xa é posíbel crear aos vosos fillos a medida, facelos ao gusto de cada un, coma si se tratara de elexir un menú do día.
A enxeñaría xenética ten vivido un gran avance, o cal pode evitar posíbeis problemas de saúde, mais tamén se está utilizando a modo de selección
estética, o que entra nun terreo pouco ético e calificado de innecesario.
Esta clara
diferencia de obxectivos implica que o método porte un nome en cada un dos casos. Ao primeiro citado coñéceselle como a “selección xenética” e ao segundo
coma “selección cosmética”.
Aselección xenética baséase nun diagnóstico preimplantacional de embrións para
escoller a aquel que non teña alteraciones dun xen, o que aumentaría o risco de padecer una enfermidade.
Este estudio
consiste en producir varios embrións no laboratorio por fecundación “in
vitro”, esperar a que alcancen o desenvolvemento de tres días e facerlles unha
biopsia (extraer unha das súas 8 células) para valorar cada un deles. Os
elexidos implántanse no útero da muller, esperando que polo menos un sobreviva. Polo contrario, destrúese a aqueles nos que non se encontra unha
alteración xenética. Isto
conleva un gran vacío ético, ao considerar unha posible futura vida máis valiosa ca outra. Ademais, algunhas das críticas que recibe é que os embriones desechados
poderían non ter padecido a enfermidade e os elixidos poderían sufrila nun
futuro, e que a fecundación “in vitro” supón un maior risco de malformación, e sumándolle a biopsia aínda maior.
Aprimeira clínica de reprodución
asistida en realizar a selección foi “Fertility Institutes”, centro médico
americano que comezou pola selección xenética e acabou na cosmética,
sucumbindo ao desexo dos seus clientes.
A selección
cosmética segue o mesmo método que a súa coetánea, pero difire no obxectivo. Buscando esta o embrión que acate ou máis se asemelle aos rasgos
físicos que os pais busquen; puidendo elixir o sexo e caracteres como a cor de pelo e ollos. Capricho que, por certo, costa miles de dólares.
Se xa a
outra era obxecto de crítica, esta aínda máis, posto que non ten ningún fin
médico. E así, por motivos éticos, a anterior clínica citada eliminou dos seus
servizos esta opción.
En España xa se aprobou a técnica da selección xenética, (non a da selección cosmética)
válida para evitar enfermidades hereditarias; nun caso serviu para
prever o “síndrome do cromosoma X fráxil” (un trastorno que provoca retraso
mental).
Tamén válida para aquelas familias que xa teñan un fillo, o cal padezca una enfermidad eque encontre cura nas células madre
dun cordón umbilical 100% compatible. O obxectivo é, por tanto, seleccionar
a un embrión compatible; comprometéndose a integralo na familia. Xa hai varias familias que o teñen levado a cabo; unha delas para tentar curar
unha enfermidade conxénita chamada “Beta-talasemia maior”.
Todo avance científico é cuestionado
pola ética e neste caso, a bioética; e isto debe verse coma algo
positivo; xa que ás veces pode ser necesario marcar algúns límites.
Para ilustrar estas verbas...
Tamén se relaciona coa seguinte entrada, ídea ver!!!
A POLIOMELITE Que é a poliomelite (polio)? Enfermidade viral que pode afectar á médula espiñal causando debilidade muscular e ata parálise. O virus da polio entra no organismo a través da boca, xeralmente cando as mans están contaminadas coas heces dunha persoa infectada. Pois ben, é certo que moitas ONX`s e asociacións están traballando e recaudando diñeiro co obxectivo de erradicar a polio, non obstante, eu vouna tratar principalmente dende o coñecemento que me aportou o programa: "Inside Bill's Brain- Decoding Bill Gates". Este é un programa que conta a historia que agocha Bill e as súas solucións dadas para algún dos máis complexos problemas que sofre a nosa sociedade- ou, máis ben, que sofre unha parte da sociedade- . Tras 10 anos ...
As liñas seguintes constitúen a simple vista un diálogo entre tres amigos nun bar. Porén, podédelo considerar coma unha chispa que inicie a vosa propia reflexión sobre a temática destas últimas entradas, a ética na alimentación ligada ao veganismo. Cómpre avisar de antemán que as posturas de cada personaxe están levadas ao extremo para resaltar, sen ningunha dúbida, a distintas ideoloxías. Xoán, representado coa letra en negriña, pódese calificar dende varias perspectivas. Dende a globalizada, ten un pensamento totalmente común; pola contra, a oposición é posible que o designara de forma radical como "carnívoro". Elvira, representada coa letra estándar, é unha clara defensora do veganismo como elección ética na alimentación. Marta, representada coa letra en cursiva, poderíase encadrar como intermediaria dos férreos extremos. Agora si, xa vos deixo ler e, así, espero que cismar; ao que creo que vos axudarán algunhas grandes figuras da nosa histo...
Comentarios
Publicar un comentario