Ir al contenido principal

QUE ESTAMOS A COMER?



TRANSXÉNICOS
(OMX)







Os transxénicos son organismos vivos modificados artificialmente mediante a enxeñaría xenética. Neles aparecen introducidos un ou varios xenes doutras especies.

De momento, os alimentos modificados son poucos; son básicamente soja, maíz, algodón e colza, xa que supoñen prácticamente o 100% da  superficie cultivada con OMX a nivel mundial.






Por exemplo, en España, cultívase o maíz transxénico, que contén un xen da bacteria "Bacillus thuringiensis". É neste país onde se produce o 95% dos cultivos transxénicos da UE.







Ao longo dos últimos séculos; tense utilizado o cruce dos mellores exemplares de cada especie. Sendo o obxectivo unha mellora dos cultivos e das razas gandeiras entre unha mesma especie. Mais, a pesar do que se di, os cultivos e alimentos transxénicos son diferentes; sáltante barreiras naturais entre especies. Xa que, nestes se introducen combinacións que serían naturalmente imposibles, (que se levan a cabo grazas á biotecnoloxía) mentres que, coetáneamente, se poduce unha perda da biodiversidadade.



A iniciativa de crear alimentos transxénicos veu propulsada polos lobbies internacionais, especialmente por multinacionales do sector agroalimentario (como Monsanto, Syngenta ou Bayer). Vendendo a súa tolerancia ao herbicida glifosato(produto moi tóxico) e a resistencia a plagas, explicando que suporía melloras, coma por exemplo en aspectos ambientais (menor impacto medioambiental) e na saúde. 

Pola contra, estudios teñen demostrado a súa ineficacia nalgúns sectores e unha contraeficacia noutros, como a consecuente resistencia das " malas herbas" aos agroquímicos.

Ademais, estudios realizados con ratóns en diferentes universidades europeas demostran o dano causado polos transxénicos na súa saúde. Resultados contarios aos que avalan os centros privados da propia industria, sospeitoso…

En humanos, aínda hai que esperar a ver os efectos a largo plazo, coma poder ser unha morte prematura  ou derivación nun cáncer por exemplo. Porén, a corto plazo téñense observado efectos secundarios negativos, algúns deles son os seguintes: reaccións alérxicas , resistencia a antibihóticos, un mal desenvolvemento (xa que non aporta as biomoléculas necesarias) e redución da capacidade de fertilidade.

Entón, por que promovelo?
Simple, simplemente capitalista.Para introducir no mercado os seus productos e así aumentar os seus beneficios económicos.



                                                       E ti...cal queres comer?












Comentarios

Entradas populares de este blog

EVOLUCIÓN?

EVOLUCIÓN?

POLIO

A POLIOMELITE Que é a poliomelite (polio)? Enfermidade viral que pode afectar á médula espiñal causando debilidade muscular e ata parálise. O virus da polio entra no organismo a través da boca, xeralmente cando as mans están contaminadas coas heces dunha persoa infectada.                                                           Pois ben, é certo que moitas ONX`s e asociacións están traballando e recaudando diñeiro co obxectivo de erradicar a polio, non obstante, eu vouna tratar principalmente dende o coñecemento que me aportou o programa: "Inside Bill's Brain- Decoding Bill Gates". Este é un programa que conta a historia que agocha Bill e as súas solucións dadas para algún dos máis complexos problemas que sofre a nosa sociedade- ou, máis ben, que sofre unha parte da sociedade- . Tras 10 anos ...

GHUSTACHE A TORTILLA DE PATACAS? (III)

As liñas seguintes constitúen a simple vista un diálogo entre tres amigos nun bar. Porén, podédelo considerar coma unha chispa que inicie a vosa propia reflexión sobre a temática destas últimas entradas, a ética na alimentación ligada ao veganismo. Cómpre avisar de antemán que as posturas de cada personaxe están levadas ao extremo para resaltar, sen ningunha dúbida, a distintas ideoloxías. Xoán, representado coa letra en negriña, pódese calificar dende varias perspectivas. Dende a globalizada, ten un pensamento totalmente común; pola contra, a oposición é posible que o designara de forma radical como "carnívoro". Elvira, representada coa letra estándar, é unha clara defensora do veganismo como elección ética na alimentación. Marta, representada coa letra en cursiva, poderíase encadrar como intermediaria dos férreos extremos. Agora si, xa vos deixo ler e, así, espero que cismar; ao que creo que vos axudarán algunhas grandes figuras da nosa histo...