COIDADO! Contido sensible
Para os que vos atrevestes a velo vídeo enteiro, agradézovolo. Coma xa vos dariades de conta, espero, "certas" actitudes non son as máis adecuadas.
Empatía, sentimento, e polo tanto ente abstracto, carente na nosa sociedade. No caso que máis nos concerne nestes intres, carente cara os animais; en múltiples apectos, coma na moda, na alimentación (ilustrado polo vídeo), na experimentación, e nun longo etcétera.
Pode ser que algún de vós, intrépidos lectores, xa me estea pondo algunha etiqueta. Non obstante, con esta entrada só pretendo dar pé a unha clara defensa dos dereitos dos animais.

O día 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, pero tamén dende 1997 se celebra por parte de certas organizacións de protección animal o Día Internacional dos Dereitos dos Animais, realizándose actos en moitas ciudades do mundo para concienciar e reflexionar sobre o respeto.

O día 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, pero tamén dende 1997 se celebra por parte de certas organizacións de protección animal o Día Internacional dos Dereitos dos Animais, realizándose actos en moitas ciudades do mundo para concienciar e reflexionar sobre o respeto.
Mais os animais non só teñen o seu día internacional, senón que tamén teñen unha Declaración Universal dos Dereitos dos Animais. Foi a Liga Internacional dos Dereitos dos Animais a organización que proclamou o 15 de outubro de 1978 a devandita Declaración. Os 14 artículos que a conforman poden sintetizarse en catro dereitos básicos: a vida, a liberdade, o non sometemento á dor, e a non ser considerados como propiedade. Porén, facilítovos os artículos cunha fotografía -os cales estaría ben que fosen lidos-. No caso de que alguén desexase lelos nunha letra máis grande, este é o documento no que están recollidos: CLIQUE AQUÍ

Non obstante, aínda queda moito traballo, xa que estos dereitos son violados cada día en todo o mundo. Os animais son considerados como un mero recurso ao servicio do ser humano, e isto está alimentado polo concepto consumista da nosa sociedade.
Hai alternativas máis éticas de satisfacer as necesidades alimentarias, de vestimenta, de saúde e hixiene e incluso de ocio dos seres humanos. E hai que xerar un cambio de conciencia para conseguir que se respeten os dereitos dos animais.
A pesar de que na maioría dos casos son as empresas produtoras as que poñen en práctica o maltrato hacia os animais na súa cadea de produción, os consumidores finales son os que teñen a última palabra; xa que se non houbera demanda de certos produtos, ese mercado terminaría desaparecendo.
A pesar de que na maioría dos casos son as empresas produtoras as que poñen en práctica o maltrato hacia os animais na súa cadea de produción, os consumidores finales son os que teñen a última palabra; xa que se non houbera demanda de certos produtos, ese mercado terminaría desaparecendo.
Estos son algúns dos actos que todos podemos facer para axudar ao benestar animal:
Evitar no posible ou reducir o consumo de carne.
Evitar consumir ovos procedentes de granxas onde os animais estean hacinados e en malas condicións.
Evitar o uso de prendas de pel procedentes de animais.
Evitar o uso de cosméticos e produtos de maquillaxe que non respeten o benestar animal.
Non asistir a espectáculos que poñan en práctica a crueldade cos animais.
Luchar contra o abandono de animais de compañía.
Non comprar animais en tendas, senón optar pola adopción.
(NOTA: as palabras en negriña poderían considerarse precursoras da nosa seguinte entrada.
Cal credes que podería ser o título ou o abarcado nela?)
E agora, a modo de desenlace, que mellor que pechar coa frase que determina todo o dito!
Venerables palabras...
"A grandeza dunha nación e o seu progreso moral poden ser xuzgados polo modo no que tratan aos seus animais"
-Mahatma Ghandi
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Agora, preséntovos xa a modo anexo un vídeo que explica curta e claramente a vida do anterior citado. Seguramente moitos de vós xa a coñezades, mais á vez, estou igual de segura de que algúns de vós sofre o que eu chamo "o saber sen saber". Isto é, recoñecer quen é e ter coñecemento quizais da existencia do seu movemento pacifista, pero non saber con exactitude o que este home fixo pola humanidade.
Polo tanto, aproveito esta cita súa para introducilo brevemente no meu blog, xa que aprender información ou recordala por uns intres, endexamais vén de máis.
Comentarios
Publicar un comentario